Enlaces de interese para solicitar as axudas da PAC
Aínda que a PAC deste 2021 mantén as axudas doutros anos, presenta novidades nos procedementos e nos controis. En Galicia, calcúlase que serán 25.000 os solicitantes destas subvencións, que contarán cun orzamento de 205 millóns de euros. Para realizar calquera consulta sobre estas axudas, os dereitos de pago básico ou os cambios no SIXPAC, pódese acceder a este enlace do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).
Esta mesma web do Fogga tamén ofrece información sobre as fotografías xeorreferenciadas para as alegacións do SIXPAC ou para a modificación de parcelas en controis de monitoraxe.
En canto á cesión de axudas por transmisión da explotación, as solicitudes deben presentarse de xeito telemático na sede electrónica da Xunta, con prazo ata o 30 de setembro.
Respecto aos dereitos de Pago Básico, na web do FEGA, os gandeiros e agricultores poden consultar o valor e o número dos seus dereitos mediante este enlace.
Os solicitantes das axudas da PAC tamén dispoñen de 3 aplicacións móbiles coas que acceder á información que precisen e á xestión dos procedementos. Sga@app permite a consulta de solicitudes da PAC e alegacións ao SIXPAC. Para realizar as fotografías xeoreferenciadas, pódese empregar a SGAFoto. E para acceder a noticias ou á normativa, InfoPAC.