¿Cales son as novidades das axudas da PAC 2021?
Á espera da reforma da Política Agraria Común prevista para o 2023, quedan por diante dous anos de período transitorio nos que se manteñen as mesmas regras que ata agora e dáse continuidade á regulación das axudas correspondentes ao 2021 e ao 2022. Para aportar claridade sobre as claves da PAC deste ano, o FEGA (Fondo Español de Garantía Agraria) publica este folleto divulgativo dirixido aos solicitantes das axudas.
Como en anos anteriores, o FEGA destaca o papel dos produtores e a importancia da súa colaboración para a recollida de datos no SIGPAC (Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas). O folleto tamén recolle as novidades sobre a solicitude única para este ano.
Respecto aos dereitos de Pago Básico, na web do FEGA, os gandeiros e agricultores poden consultar o valor e o número dos seus dereitos mediante este enlace.
Este folleto tamén incide no uso das novas tecnoloxías e da monitorización das superficies declaradas, xa que se ampliou o alcance deste control en relación aos réximes de axuda y ás áreas xeográficas nas que substituirá os controis actuais sobre o terreo.