As ganderías inscritas con dereito ás axudas de marcaxe xa poden solicitalas
As explotacións inscritas na IXP Ternera Gallega e/ou na IXP Vaca Galega-Boi Galego que cumpran os requisitos para subvencionar os gastos de marcaxe teñen de prazo para solicitar estas achegas ata o 22 de maio.
Diríxense ás persoas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas que se incorporaran ás IXP nos últimos 5 anos e que superaran os 50 euros nos gastos de marcaxe. O período a subvencionar abrangue dende o 1 de maio do 2025 ata o 30 de abril deste ano.
Estas axudas cobren o 100 % dos gastos realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación.
As solicitudes deben presentarse na sede online da Xunta, onde se especifica a documentación necesaria (código de procedemento MR362A). E a convocatoria deste ano pode consultarse neste enlace ao DOG.
Para calquera dúbida, os gandeiros e gandeiras inscritos poden contactar co Consello Regulador nos teléfonos habituais: 981 575786 e 981 574899 ou enviando un correo electrónico a: consello@vacundegalicia.com