Actualización das cotas de marcaxe e de certificación
O Consello Regulador actualiza segundo o IPC as taxas de identificación dos animais no campo e as de certificación dos canais nas industrias para o ano 2026. Cumpre así o acordo do pasado mes de xuño, cando o Pleno decidiu por unanimidade que as cotas se modificarían anualmente, a principios de cada exercicio, segundo a evolución do Índice de Prezos ao Consumo.
Deste xeito, a partir do 1 de xaneiro, as taxas van subir 30 céntimos por animal e por canal, de forma igualitaria nas ganderías e nas industrias inscritas.
Na IXP Ternera Gallega as cotas quedan da seguinte maneira:
- 7,60 € por animal identificado.
- 10,60 € por canal certificado.
No caso da IXP Vaca Galega – Boi Galego, as taxas serán:
- 7,60 € por vaca ou boi identificado.
- 12,60 € por canal de vaca certificado.
- 15,60 € por canal de boi certificado.