O vacún galego certificado, moi presente nos I Premios da Cociña Galega
Ternera Gallega colaborou coa primeira edición dos Premios da Cociña Galega, celebrados o luns en Santiago e organizados pola Asociación Amigos da Cociña Galega. Ademais de ser patrocinadora do evento, a IXP achegou carne certificada para a degustación posterior e un dos restaurantes que aposta polo produto amparado, o España, resultou galardoado.
Gastronomía, territorio e identidade enfocaron a entrega deste premios, que puxeron en valor a calidade e variedade da cociña galega e os produtos e oficios que a fan única. Entre eles, Ternera Gallega, que colaborou como patrocinadora bronce do evento e proporcionou produto certificado para degustar. Con el, elaborouse un dos pratos clásicos da cociña autonómica: a carne ao caldeiro.
Estes galardóns recoñecen o bo facer en diferentes categorías de produto, tanto peixes e mariscos como carnes ou pan, e os mellores cociñeiros das receitas típicas de Galicia, como o caldo, os callos ou o polbo á feira, entre outros. Na categoría de vacún, o gañador foi o Restaurante España, do chef Héctor López, co que Ternera Gallega e Vaca Galega-Boi Galego traballan habitualmente.
Os Premios da Cociña Galega nacen con idea de continuidade, destacando a gastronomía de Galicia como a unha das mellores e das máis variades, gracias a un territorio e unha materia prima excepcionais.