A IXP divulga a soberanía alimentaria no CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba

Dentro dos actos escolares para celebrar o Día Mundial da Saúde, Ternera Gallega ofreceu unha charla sobre alimentación que se dirixiu a máis de 200 alumnos -de entre terceiro e sexto de primaria- do centro plurilingüe Barrié de la Maza de Santa Comba. Ademais de falar sobre a orixe dos produtos que consumimos e a súa importancia para manter unha dieta sa e equilibrada, os cativos e cativas puideron degustar a carne certificada pola IXP.

O director de Promoción, Luis Vázquez, explicou os estudantes as achegas nutricionais da carne de vacún, como as proteínas, os minerais ou as vitaminas, necesarias para unha alimentación completa e variada. Tamén lles ensinou de que tipo de explotacións procede Ternera Gallega e as razas admitidas na denominación, como a Rubia Galega ou a Cachena, ben coñecidas por algúns cativos con gandería nas súas casas. Ademais, resaltou a relevancia destas producións para manter vivo o medio rural.

Trala charla, o alumnado probou a carne certificada nunha pequena de gustación de pepitos de Ternera Gallega.