O 70 % dos consumidores non le as etiquetas dos alimentos de xeito habitual

Así o asegura o I Estudio sobre o Uso e a Interpretación do Etiquetado, elaborado pola Fundación Española da Nutrición a proposta do Grupo Gallo. Aínda que 9 de cada 10 españois están preocupados polos seus hábitos de alimentación, o 70 % non presta atención ás etiquetas. Ademais, o 80 % considera que a información que proporcionan non é clara e resulta difícil de entender. Só o 6,6 % dos enquisados neste estudo asegurou comprender o etiquetado dos alimentos. 

A porcentaxe de consumidores que consulta as etiquetas sempre ou case sempre roza o 33 %. Un 45,6 % faino ocasionalmente, o 11,8 solo con certos produtos e o 9,7 % non as le nunca. Respecto aos motivos para non consultalas, alegan que non lles achega información relevante para a súa alimentación, o tamaño da letra ou a falta de tempo. 

A pesar destes datos, tres de cada catro españois admiten que a información do etiquetado inflúe moito ou bastante á hora de facer a compra. O 70 % amosa interese pola composición dos alimentos, seguida da calidade ou a seguridade alimentaria.