O 30 de abril remata o prazo para presentar a solicitude única da PAC
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación fai un chamamento ás persoas interesadas para acelerar a xestión destas axudas, lembrando que ata o 9 de marzo só se rexistraron un 15 % das posibles solicitudes, correspondentes á campaña 2025.
Segundo sinalou a secretaria xeral de Recursos Agrarios e Seguridade Alimentaria, Ana Rodríguez Castaño, non existen circunstancias especiais que fagan necesario ampliar os prazos, que deben respectarse para poder presentar todas as solicitudes a tempo e garantir que os produtores reciban o anticipo das axudas a partir do 16 de outubro.
Lembrou tamén que as aplicacións informáticas funcionan correctamente e o marco normativo é estable e coñecido por agricultores e gandeiros, o que facilita que cumpran os requisitos.