As industrias cárnicas fixan os retos para o 2025

Competencia, regulacións e expansión internacional son as claves para a Asociación Nacional de Industrias da Carne de España (ANICE). Segundo adianta, os desafíos, tanto regulamentarios como comerciais, esixirán que os produtores e exportadores se adapten de xeito áxil a un panorama global cada vez más complexo e cambiante, para evitar perder competitividade. 

Para manter o liderado, ANICE aposta pola apertura de novos mercados e consolidar outros abertos de xeito recente. Nos últimos 5 anos, practicamente todos os grandes capítulos das exportacións deron resultados extraordinarios. Así acontece no porcino, no que ata novembro do 2024 superaron os dous millóns de toneladas, cun valor de máis de 6.500 millóns de euros. Tamén o vacún logrou datos positivos, sumando exportacións por máis de 251.000 toneladas e un valor de 1.345 millóns de euros, o que supón un crecemento do 82,5 % correspondente ao período 2019-2024. No ovino, as exportacións de xaneiro a novembro do ano pasado superaron as 47.000 toneladas, cun valor de 348 millóns de euros.

ANICE asegura que, no 2025, o sector continuará traballando para consolidar estas magnitudes, fortalecer posicións nos mercados globais e afianzar a presenza de empresas españolas nos destinos onde xa operan. Todo, con cuestións relativas á sanidade animal e as tensións arancelarias no horizonte, que poden afectar ao sector cárnico español e, en especial, ao porcino.