O comercio de proximidade, preferencia dos consumidores

Tralo confinamento e a crise sanitaria provocada pola Covid-19, o 79 % dos españois prefire realizar as súas compras en comercios locais ou de barrio para contribuír a reactivar a economía das pequenas empresas. Así o reflicte un estudio realizado por Mastercard, que indica, ademais, que entre os establecementos que maior repunta experimentarán atópanse as carnicerías

Case a metade da poboación coñeceu novos comercios preto das súas vivendas durante o confinamento e consumiu neles; unha tendencia que, segundo o estudio, continuará no futuro xa que o 73 % dos enquisados afirma que seguirá comprando nestes negocios de proximidade.

Algo máis da metade dos participantes neste estudio asegura que incrementará o consumo de comida e bebida en negocios locais. Tralas froiterías, as panaderías e os bares ou cafeterías, as carnicerías sitúanse como un dos puntos de venda nos que se prevé un maior ascenso do consumo.