Ternera Gallega continúa a promoción da carne amparada en Instagram

Dentro das súas accións de promoción habituais nas redes sociais, nestes primeiros quince días de decembro, a IXP puxo en marcha un concurso de Nadal no seu perfil de Instagram. Sorteou dez lotes de utensilios de cociña, compostos por un libro con máis de 50 receitas orixinais de Ternera Gallega, un xogo de coitelos e garfos e unha bolsa neveira, xunto cun mandil e un pano de cociña. Durante as dúas semanas, participaron máis de 270 usuarios para optar a un dos premios.

Cunha dinámica de concurso moi sinxela, os participantes só debían ter unha conta en Instagram, seguir o perfil da IXP nesta rede social e responder a dúas preguntas. Unha, sobre o que máis lles gusta de Ternera Gallega e outra, indicando a quen invitarían a un asado de Nadal con carne certificada. 

Este tipo de accións dixitais permite achegar as cualidades diferencias da carne amparada a amplos públicos e busca incrementar o interese polo produto e, por tanto, a súa demanda nesta época do ano, pensando nas comidas e ceas do Nadal