As carnes de Ternera Gallega e Vaca Galega / Boi Galego, o domingo en Xantar

Desde este mércores regresa a Ourense o Salón Gastronómico Xantar, para celebra a súa edición número 22 ata o vindeiro domingo. Na última xornada da feira, a IXP Ternera Gallega e a IXP Vaca Galega / Boi Galego impartirán dous talleres profesionais sobre as carnes certificadas e a súa versatilidade na cociña, presentando pezas singulares e as mellores técnicas culinarias para sacarlle o máximo partido ao produto. Serán os dous na Aula Medio Rural, con espazo para 20 persoas en cada un.

Ás 12 do mediodía, comezará a masterclass Novos cortes de Ternera Gallega para unha cociña saudable e divertida, co cociñeiro Javier Rodríguez Ponte, “Taky”, aos fogóns. A continuación, ás 13:30 horas, será a quenda das carnes certificadas de vacún maior. Héctor López, chef do Restaurante España en Lugo, dirixirá o obradoiro A versatilidade gastronómica dos cortes singulares de Vaca Galega e Boi Galego.

Unha feira con proxección

Este ano, debido á pandemia, Xantar trasladouse de febreiro a este mes de novembro co obxectivo de converterse nun gran reencontro para os profesionais da enogastronomía, do turismo y da hostalaría da Península Ibérica, contando tamén coa presencia de países de Iberoamérica. Nesta edición, o Salón xira arredor da gastronomía dos distintos Camiños de Santiago.