Origen España sentarase na Mesa da Gastronomía Española

O ICEX invita á Asociación Española de Denominacións de Orixe, Origen España, a formar parte da Mesa da Gastronomía Española, un foro constituído no 2014 co obxectivo de proxectar o sector agroalimentario a nivel internacional. Ademais das comunidades autónomas, tamén integran esta Mesa diversos sectores produtivos

A participación de Origen España encádrase no seu relevante papel como representante dos selos IXP e DOP españois e nos seus valores e cualidades asociados, como a orixe, a calidade, as tradicións, o medio rural e o control sobre os produtos certificados. Para a Asociación, entrar nesta Mesa supón un respaldo máis para os seus socios e un paso cara a súa promoción internacional.

O ICEX é unha entidade pública empresarial dedicada á promoción internacional da economía e das empresas españolas, co fin de mellorar a súa competitividade e, tamén, de atraer inversións estranxeiras.