MODIFICACIÓN  DAS  COTAS  DA  IXP  TERNERA  GALLEGA 

O Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Protexidas de Carne de Vacún de Galicia reuniuse o pasado 17 de decembro. Nesta reunión plenaria debatiuse a financiación do Consello Regulador, as cotas que se van aplicar por tenreiro e por canal, así como o seu presuposto para o ano 2021.

Ao longo dos trinta anos de funcionamento da IXP Ternera Gallega, as cotas e a financiación dos gastos foi variando segundo as necesidades de cada momento. O Consello Regulador é unha entidade sen ánimo de lucro; e os seus ingresos empréganse no control e na promoción do produto.

Entre os criterios que se debatiron e aprobaron no Pleno, destacan os seguintes:

*) Mantemento do Programa de Control de Ternera Gallega que se realiza na actualidade, xa que consideramos que a calidade da nosa carne e o seu control para garantizar a súa orixe e trazabilidade, son os nosos principais argumentos para diferenciarnos e competir no mercado.

*) Realización do Programa de Promoción de Ternera Gallega, xa que as campañas promocionais e as accións informativas son fundamentais para posicionar a nosa carne nas carnicerías e supermercados de toda España e para poder chegar ata os consumidores finais.

*) Certificación do Benestar Animal Ternera Gallega. Esta nova certificación que se pon en marcha no ano 2021 vai significar unha gran carga de traballo para o Consello Regulador e tamén un esforzo económico para todos, que queremos reducir ao mínimo posible facéndoa nos. Cumprir os requisitos de benestar animal vai ser fundamental a curto prazo, tanto para poder comercializar a carne nas cadeas de supermercados como para percibir as axudas previstas na nova PAC.

*) Igualar o que pagan o Sector Produtor e o Sector Industrial, para evitar debates absurdos entre ambas partes e darnos de conta definitivamente que o sector de vacún de carne somos todos e todos nos necesitamos. Como ben é sabido, o Consello Regulador está composto nun 50 % por representantes dos produtores e noutro 50 % por representantes das industrias. Para a toma de decisións tamén se respecta esta proporción. Polo tanto, este mesmo criterio é o que se vai ter en conta no caso da financiación do Consello Regulador: 50 % aportación do Sector Produtor e 50 % aportación do Sector Industrial. Logramos así por primeira vez que na IXP haxa equilibrio entre ambos sectores, o cal debe axudar a que melloren as relacións comerciais.

De acordo con estes criterios, aprobáronse as cotas para o próximo ano e o presuposto do Consello Regulador. As novas cotas comezaranse a aplicar a partir do 1 de xaneiro de 2021, e son as seguintes:

  • 7  euros por tenreiro identificado.
  • 10  euros por canal certificada.

Como consecuencia das novas cotas aprobadas, o Consello Regulador disporá de menos ingresos.  Polo tanto, temos que axustarnos á nova realidade económica e ademais imos certificar o Benestar Animal Ternera Gallega, sen esquecer que o próximo ano aínda vai ser complexo e difícil para todos mentras non se supere a pandemia e se recupere a economía.

En resumo, no 2021 o Consello Regulador vai apostar polo Control, a Promoción e a Certificación do Benestar Animal, nun marco de Equilibrio Presupostario onde produción e industria aportan igual. Nesa liña, é necesaria a colaboración e que nadie se quede atrás. Hai futuro e facemos falta todos.