Últimos días para solicitar as axudas para os gastos de marcaxe

O 18 de agosto remata o prazo para presentar as axudas ás novas incorporacións nas IXP ou DOP galegas, que comprenden os gastos de inscrición nos selos de calidade e a cota anual de participación. Orixinalmente, o prazo destas achegas finalizaba a mediados de maio pero ampliouse ata o vindeiro mes debido ao estado de alarma ocasionado pola Covid-19.

A diferencia de anos anteriores, cando o Consello Regulador podía presentar estas solicitudes para os inscritos en Ternera Gallega e en Vaca Galega / Boi Galego, nesta ocasión son os propios produtores os que deben realizar os trámites de xeito telemático neste enlace da sede online da Xunta, onde se indica a documentación necesaria para o procedemento.

Poden beneficiarse destas axudas os titulares das ganderías que se incorporaran ás IXP despois do 18 de novembro do 2015. O período a subvencionar comprende desde o 1 de maio do 2019 ata o 30 de abril deste ano e, como na convocatoria anterior, admitiranse só aquelas peticións que superen os 50 euros