A VI Carreira Camiño das Letras rematará cunha degustación de produto amparado

Como cada 17 de maio, desde hai xa seis anos, regresa á Cidade da Cultura a Carreira Camiño das Letras, que funde cultura e deporte a través do Camiño de Santiago. Unha proba, con varias categorías, que renderá homenaxe a Antonio Fraguas, autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas. Tralas diferentes carreiras, os máis de 600 inscritos asistirán á unha degustación de Ternera Gallega, que colabora activamente coa organización deste evento.

O primeiro circuíto percorrerá 15 km desde o Pico Sacro, seguindo a Vía da Prata, ata chegar ao Gaiás; mentres que a proba de 5 km se realizará nas inmediacións da Cidade da Cultura e no Bosque de Galicia. E como en edicións anteriores, a carreira vai contar tamén con diferentes categorías para o público infantil.

Os participantes que finalicen as probas recibirán un libro e o diploma Camiño das Letras como agasallo da organización, na que colaboran a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xurdir SL e diferentes organismos e empresas.